NO BNG LANZAMOS UNHA OFENSIVA PARA TERMOS UNHA AP-9 DE NOSO

Unha APN-9 galega

ap9
ap9

O BNG lazamos unha ofensiva política e de mobilización social baixo o lema AP9 galega e sen peaxes 

Unha APN-9 galega

No BNG lanzamos unha ofensiva política e de mobilización social baixo o lema AP9 galega e sen peaxes como novo paso no obxectivo de acadarmos a transferencia desta autoestrada e pórmos fin á estafa legalizada das peaxes: cada día, 20.000 galeg@s desembolsamos 300.000 euros diarios a Audasa, unha media de 15€ por día e usuario, nun país que ten os segundos salarios máis baixos do Estado.

Queremos acabar co dislate de que viaxar de Cambre a Vigo (130Km) sexa máis caro en peaxes que viaxar desde Cambre a Madrid (500KM)

Segundo denunciou Ana Pontón, “a día de hoxe hai dúas cuestións claras: que o Goberno do PP manobra para vetar o debate no Congreso da petición unánime do Parlamento galego a favor da transferencia, e que Rajoy ten 5.000, 6.000 millóns de euros, os que fagan falta, para rescatar as radiais propiedade da banca e das grandes construtoras, pero non está disposto a poñer nin un euro para rescatar a AP9”.

Dentro desa ofensiva política e de mobilización cidadán, o BNG estreou a lexislatura interpelando ao presidente da Xunta sobre a AP9 na primeira sesión de control ao Goberno.

E dentro da campaña de reivindicación social, mantemos e manteremos encontros con distintos colectivos económicos, sectoriais e veciñais, defenderemos iniciativas en todos os concellos afectados e colocaremos pancartas ao longo de toda ao autoestrada co lema AP9 galega e sen peaxes.

As cifras son elocuentes: Os galegos e galegas levamos pagado 2.200 millóns de euros pola AP9, o que supón un beneficio neto para as concesionarias de 744 millóns de euros, e así está previsto ata 2048. 75 anos de concesión, 1973-2048, tras a prorroga máxima concedida por un goberno do PP.

 

Unha APN-9 galega