A CITA, O SÁBADO 28 DE XANEIRO ÁS 12:00 EN VILA CONCEPCIÓN

A proxección de “Peregrinaxes” pecha a exposición “Manuel María: A palabra viva”

acto_lois_dieguez
Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María

Estará acompañada dunha charla co seu autor, Lois Diéguez

 

A proxección de “Peregrinaxes” pecha a exposición “Manuel María: A palabra viva”

A proxección do DVD “Peregrinaxes” e unha charla co autor, Lois Diéguez, porá o ramo o á exposición “Manuel María: A palabra viva”, que desde o pasado mes de decembro puido visitarse en Vila Concepción. A cita será o vindeiro sábado 28 de xaneiro a partir das 12:00 horas na propia Casa da Cultura Vila Concepción.

O documental fotográfico fai un percorrido desde a casa natal en Outeiro de Rei a outros lugares importantes na vida de Manual María, como Lugo, Monforte e A Coruña ou de viaxes por Exipto, Israel, Palestina, Grecia ou Italia nos que o autor acompañou ao poeta nacional. Todas as imaxes son dun alto valor sentimental, tanto para o poeta como para Lois Diéguez.

O documentario parte dunha outra peza audiovisual que Lois Diéguez lle dedicou un ano após a súa morte, sucedida esta o 8 de setembro de 2004. 

Lois Diéguez, nado Monforte de Lemos o 17 de abril de 1944, é un prolífico escritor en lingua galega e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
 

A proxección de “Peregrinaxes” pecha a exposición “Manuel María: A palabra viva”