Reunímos coa Deputación da Coruña para estudarmos futuras colaboracións
O concelleiro de Cultura de Cambre, Dani Carballada, reuniuse coa vicepresidenta e deputada da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, para estudarmos distintas liñas de colaboración entre as dúas institucións.
Na xuntanza, Goretti Sanmartín Rei explicounos as distintas liñas de colaboración en concorrencia competitiva que están en marcha ao tempo que o concelleiro, Daniel Carballada, presentou distintos proxectos e necesidades que temos en Cambre e que temos previsto desenvolver proximamente a través da Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade.
No marco da xuntanza, analizáronse diversas iniciativas cara a proxectos conxuntos coa participación de diversos axentes do concello, entre os que se atopan infraestruturas existentes como a Casa Fernández Florez.