Opoñémonos á supresión de diversos servizos de autobús no concello de Cambre
En relación coa Resolución do 4 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública un expediente de modificación de contrato de xestión de servizo público regular de transporte de viaxeiros de uso xeral, relacionada co contrato V-7072 XG-446 A Coruña - San Pedro de Présaras - Mezonzo, de titularidade de Autos Vázquez, desde a Concellaría de Mobilidade do Concello de Cambre presentamos as seguintes alegacións:
- Consideramos mprocedente o proceso e a resolución da Administración autonómica xa que a propia Xunsta está a elaborar un proxecto de Lei de transporte regular onde, cun carácter máis xeral e ao tempo máis completo e minucioso, poden estudarse as modificacións e melloras necesarias nas diversas liñas de transporte regular. Por tanto parécenos máis contrario a común criterio o actual proceso se temos en conta que en datas pasadas a propia Xunta rexeitou a idoneidade.
- A documentación que achegou Autos Vazquez SL é incompleta. Entre outras cuestións de vital importancia, non se aclara o futuro de determinadas paradas intermedias localizadas no termo municipal de Cambre nin se fai mención, explícita ou implícita, a posíbeis solucións de transporte para núcleos que a compañía pretende abandonar (zonas da Mota e Pravio). É por iso polo que esiximos un maior detalle e concreción na redacción do texto e do articulado das taboas horarias así como unha proposta firme de ceder determinadas áreas de explotación para que poidan ser operadas por outras sociedades ou quen a administración considere.
- Preocúpanos a propensión da compañía a reducir non só servizos, unha cuestión que consideramos máis que infundada tendo en conta a inexistencia de documentación con soporte de estatística fiábel que sustente o dito obxectivo. A maiores, a cobertura da liña cunha frota de autobuses de pequeno tamaño pode resultar inoperativa nun traxecto que atende a diversas instalacións de lecer e de recreo, demandantes, con flutuacións, de transporte colectivo con carácter, ben é certo, puntual pero habitualmente masivo.
- Resulta ao mesmo tempo inexacto, por non dicir obsoleto, o itinerario proposto de entrada na Coruña. A maiores obsérvase que como nota dominante no custo de minutaxe empregada en entrar na cidade compénsase podando paradas que se ben poden, tanto en Cambre como noutros concellos, ser deficitarias teñen un importante carácter social. Custión esta que consideram,os debería preocupar sobremaneira ao Servizo de Mobilidade da Xunta.
- Os horarios propostos fan inviábel o uso do transporte público con fins laborais ou de lecer, o abano de horario redúcese, con especial mingua nas fins de semana, o que ao noso ver pode repercutir nun deterioro porgresivo e talvez definitivo da liña de explotación.
Por todo o anterior solicitamos que se denege con carácter inmediato a solicitude da empresa e en tal caso se proceda a ofrecer a explotación nas condicións actuais ou mellores a outras sociedades que poidan estar interesadas.