Imprimir

Reunímonos coa Deputación da Coruña para estudarmos futuras colaboracións para mellorarmos a vida dos cambreses

bngcambre | 25 de xaneiro de 2017

Reunión coa vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei
Reunión coa vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei

O concelleiro de Cultura de Cambre, Dani Carballada, reuniuse coa vicepresidenta e deputada da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, para estudarmos distintas liñas de colaboración entre as dúas institucións.

Na xuntanza, Goretti Sanmartín Rei explicounos as distintas liñas de colaboración en concorrencia competitiva que están en marcha ao tempo que o concelleiro, Daniel Carballada, presentou distintos proxectos e necesidades que temos en Cambre e que temos previsto desenvolver proximamente a través da Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade.

No marco da xuntanza, analizáronse diversas iniciativas cara a proxectos conxuntos coa participación de diversos axentes do concello, entre os que se atopan infraestruturas existentes como a Casa Fernández Florez.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/actividade-municipal/reunimonos-coa-deputacion-da-coruna-estudarmos-futuras-colaboracions-mellorarmos-vida-cambreses/20170125192752000707.html


© 2019 BNG de Cambre

Bloque Nacionalista Galego

Praza Europa s/n
15660 Cambre (GALIZA)
Teléfono: 981613309
Correo: bngcambre@gmail.com