Imprimir

Continuamos as roldas de contactos co movemento asociativo e deportivo

bngcambre | 30 de xaneiro de 2017

Brais Cubeiro reuniuse coa directiva do Once Caballeros
Brais Cubeiro reuniuse coa directiva do Once Caballeros

Unha das prioridades que nos marcamos na nosa entrada no goberno de Cambre é coñecermos de primeira man as necesidades da veciñanza, do movemento asociativo e deportivo para mellorarmos, entre todos, o concello e a xestión municipal.

Nesta xeira de contactos, o concelleiro de Deportes de Cambre, Brais Cubeiro, mantivo o venres pasado unha reunión con Francisco Concheiro e David Ferrer, presidente e vogal respectivamente da directiva do Once Caballeros CF.

Na reunión, que se desenvolveu no campo de fútbol de Lendoiro, o concelleiro de Deportes, Brais Cubeiro, quixo coñecer de primeira man as necesidades do equipo e as demandas de mellora a respecto do campo de fútbol, no que a propia directiva fixo constar deficiencias detectadas das obras realizadas pola corporación municipal anterior.

Esta reunión enmárcase dentro da rolda de contactos que a nova área está a ter coas entidades deportivas municipais para se achegar á xente, escoitar as demandas das entidades e mellorar os servizos e instalacións municipais.
 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/actividade-municipal/continuamos-roldas-contactos-co-movemento-asociativo-deportivo/20170130100251000709.html


© 2019 BNG de Cambre

Bloque Nacionalista Galego

Praza Europa s/n
15660 Cambre (GALIZA)
Teléfono: 981613309
Correo: bngcambre@gmail.com