O XOVES 19 ÁS 19:30 H NO SALÓN DE ACTOS DA ONCE NO CANTÓN GRANDE DA CORUÑA

Ana Pontón, este xoves na Coruña

ana_ponton_foro_civico
ana_ponton_foro_civico

O Foro Cívico organiza a conferencia de Ana Pontón “Retos de futuro da política galega: Avanzar nos dereitos sociais e nacionais” no marco do seu 25 aniversario

Ana Pontón, este xoves na Coruña

Este xoves ás 19:30 h no Salón de Actos da Once no Cantón Grande da Coruña terá lugar unha conferencia de Ana Pontón, titulada “Retos de futuro da política galega: Avanzar nos dereitos sociais e nacionais” organizada polo club de opinión Foro Cívico que inicia con este acto a celebración do seu 25º aniversario.

Dende o Bloque facemos un chamamento á nosa militancia e simpatizantes a acudir a esta cita coa nosa portavoz Nacional ao tempo que parabenizamos a unha entidade que leva contribuíndo durante un cuarto de século a construír dende A Coruña unha Galiza máis xusta, plural e democrática.