BRAIS CUBEIRO REUNIUSE COA DIRECTIVA DO ONCE CABALLEROS

Continuamos as roldas de contactos co movemento asociativo e deportivo

brais_cubeiro_reunion_once_caballeros
Brais Cubeiro reuniuse coa directiva do Once Caballeros
Continuamos as roldas de contactos co movemento asociativo e deportivo

Unha das prioridades que nos marcamos na nosa entrada no goberno de Cambre é coñecermos de primeira man as necesidades da veciñanza, do movemento asociativo e deportivo para mellorarmos, entre todos, o concello e a xestión municipal.

Nesta xeira de contactos, o concelleiro de Deportes de Cambre, Brais Cubeiro, mantivo o venres pasado unha reunión con Francisco Concheiro e David Ferrer, presidente e vogal respectivamente da directiva do Once Caballeros CF.

Na reunión, que se desenvolveu no campo de fútbol de Lendoiro, o concelleiro de Deportes, Brais Cubeiro, quixo coñecer de primeira man as necesidades do equipo e as demandas de mellora a respecto do campo de fútbol, no que a propia directiva fixo constar deficiencias detectadas das obras realizadas pola corporación municipal anterior.

Esta reunión enmárcase dentro da rolda de contactos que a nova área está a ter coas entidades deportivas municipais para se achegar á xente, escoitar as demandas das entidades e mellorar os servizos e instalacións municipais.
 

Continuamos as roldas de contactos co movemento asociativo e deportivo